luns, 22 de marzo de 2021

Luns, 22 de marzo

 


Bo día rapaces e rapazas de quinto. Hoxe, 22 de marzo, é o día mundial da auga. O día Mundial da Auga celébrase cada 22 de marzo para recordar a relevancia deste líquido esencial. A pesar de que todas as actividades sociais e económicas dependen en gran medida do abastecemento de auga doce e da súa calidade, 2.200 millóns de persoas viven sen acceso á auga potable. Esta celebración ten por obxectivo concienciar acerca da crise mundial da auga e a necesidade de buscar medidas para abordala.

E como onte, 21 de marzo, foi o día da poesía, aquí vos deixamos un anaquiño dun poema de Rosalía de Castro, no que se aprecia a importancia da auga na nosa terra.

Adiós ríos, adiós fontes,

adiós regatos pequenos;

adiós vista dos meus ollos,

non sei cando nos veremos.


Imos coa tarefa do día:

5º A:

Lengua castellana, lectura das páxinas 114 e 115.  Páxina 116, exercicios 1 ,2, 3 e 4.

Lingua galega, páxina 119, exercicios1, 2 e 3.

Matemáticas: correximos exercicios feitos o día anterior.

Ciencias Naturais: páxinas 60 e 61, lectura e esquemas do aparato reprodutor feminino e masculino. Glosario: cigoto, cordón umbilical e placenta.

5º B:

Lingua galega: exercicios 1, 2, 3 e 5 da páxina 118, que non se fixeran o último día.

Matemáticas: copiar no abanico o cadro azul escuro da páxina 92. exercicios 1-4 da páxina 92.

Ciencias Naturais: páxinas 60 e 61, lectura e esquemas do aparato reprodutor feminino e masculino. Glosario: cigoto, cordón umbilical e placenta.

5º C:

Lengua castellana: lectura do tema 7 (páxinas 114 e 115) e exercicios 1, 2, 3, e 4 da páxina 116.

Matemáticas: páxina 92, exercicios 1 e 2. División do día: 

399454 : 67.

E recordade, para actividade de fotografía do mércores 24 necesitades levar unha fotografía (vale recorte de revista) duns 10x15 cm, unha caixa de zapatos ou similar con tapa, unha lupa, tesoiras, compás, regra, escuadra e cartabón. Moito deste material seguro que o tedes en clase.

Ánimo, que xa queda menos para as vacacións.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

  Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos a...