Bo día quintos e quintas. Hoxe, 13 de maio é o día do Neno Hospitalizado. Este día os nenos hospitalizados son os protagonistas, no que se trata de homenaxear a estes pequenos valentes, ás súas familias e aos profesionais sanitarios que os tratan, ademáis de todas aquelas persoas e asociaicóns que lles fan máis levadeira a estancia no hospital, con actividades lúdicas e entretendo aos pequenos.
Tarefas do día:
5º A:
Lengua castellana: páxina 156, exercicio 8, páxina 157, exercicio 9.
Lingua galega: Lectura das páxinas 166, 167. Páxina 168, test de comprensión lectora, e exercicios 2 e 4.
Ciencias sociais: páxina 83 exercicios 1, 3 e 4, e repaso do tema 4 de aula virtual. Exame o próximo martes do tema 4.
5ºB:
Lengua castellana: Páxina 158, exercicios 14, 15, 16 e 16.
Lingua galega: páxina 169, exercicios 3 e 4.
Matemáticas: rematamos o control.
5º C:
Matemáticas: fixemos control.
Estudade para o exame de naturais do mércores.
Nas tres clases preparamos os paraugas con palabras da poesía de Xela Arias, para facer unha exposición na semana das letras galegas.
Vémonos mañá!