martes, 22 de xuño de 2021

 Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos amigos doutras clases, celebrando as festas do cole sempre separados, facendo unha saída só cos compañeir@s da nosa clase... 

Pero podemos facer outra lectura. Que ben o fixestes, que non houbo que pechar o cole! Algúns de vós tocouvos confinarvos, pero sen chegar a contaxiarvos. E en poucos días estabades de volta. Mentres, aprendestes a conectar cunha videoconferencia, a traballar en aulavirtual... E cantas cousas fixemos! Presentamos Caranvexornal, grabamos contos en audio, con croma, charlas no cole, concurso de relatos, as festas (magosto, fin de ano, a paz, entroido, fin de curso, a festa da primavera...) Pero se ata inventamos festas novas como a de fin de ano ou a da primavera! Vedes como tamén hai cousas positivas? Aquí só vos puxemos unhas poucas, agora tedes que botar unha ollada a este curso que rematou e pensar que cousas boas tivo. Seguro que atopades moitas. Porque todo na vida depende de como se mire. E se decidimos mirar de forma positiva, setirémonos moito mellor.

Agora toca descansar, que traballar, traballamos duro. Deixámosvos un enlace cunhas tarefas de repaso de matemáticas para que fagades no verán. Con calma, un pouquiño cada día. O obxectivo é que non esquezades o aprendido, e se en mate non tivestes moi bos resultados, axudaranvos a mellorar para empezar 6º con maior seguridade. Bo verán a tod@s!

Tarefas de repaso de matemáticas

  Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos a...