xoves, 17 de xuño de 2021

XOVES 17 DE XUÑO.

 Bo día rapazada de 5º! O terceiro xoves do mes de xuño celébrase o día Mundial da Tapa, unha das tradicións máis populares de España, onde se estima que un 60% dos establecementos ofrecen unha tapa gratuita como acompañamento da bebida. A iniciativa provén da asociación Saborea España, que cada ano anima aos hosteleiros a participar neste evento para difundir a cultura da tapa, ben sexa con degustacións, concursos, presentación dunha tapa especial, etc.

Tarefas do día: 

5º A: 
Lengua castellana: ditado da páxina 179, e sobre ese texto localizar os verbos.
Lingua galega: páxina 195, exercicios 5, 6 e 9.

5º B:
Lengua castellana: lectura tema 11, páxinas 186, 187, e da 189 exercicios 1 e 2.
Lingua galega: páxina 195, exercicios 5, 6 e 9.
Matemáticas:  páxina 151, exercicios 1 e 2, páxina 152 exercicio 1 (as 3 primeiras) e 3. División de decimais entre decimais.

5º C:
Matemáticas: páxina 151, exercicios 1 e 2.

Mañá remata a semana, ánimo!

  Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos a...