Por fin chegou o día! Tedes por diante unha semana de vacacións. Desconectade, durmide, xogade, paseade... Pero recordade seguir as normas de prevención que nos marcan as autoridades sanitarias. Este virus parámolo entre tod@s.
Hoxe os tres quintos levaron a cabo unhas actividades propostas para conmemorar o día da árbore: creamos pareados que escribimos nunha folla e pegamos nun mural no que colaborou todo o cole, e fixemos grilandas de flores de papel que colocamos nunhas árbores do Bondín.
Os de 5º C teñen tamén unhas operacións de mate.
A descansar, e vémonos á volta!