Bo día rapazada de quinto. Hoxe, catro de maio, é o día de Satar Wars. Trátase dun xogo de palabras en inglés, onde a frase orixinal é May the force be with you (Que a forza te acompañe), cámbiase force por fourth, e queda a data de hoxe.
Xa no cole, os máis cativos celebraron hoxe a festa da primavera; a nós tócanos o xoves. Recordade rematar os colares de flores en casa como vos explicamos en clase.
Imos coa tarefa de hoxe:
5º A:
Matemáticas: Corriximos a ficha de deberes e teñen que copiar o esquema enlazado ao pinchar aquí.
Ciencias sociais: actividades 40, 41, 42.
5º B:
Lengua castellana: fixemos a lectura do tema 9, e localizamos no primeiro parágrafo os verbos, analizando se son formas non persoais ou persoais, persoa, número e tempo.
Lingua galega: corriximos exercicios 2 e 3 da páxina 144, e fixemos o 4 da mesma páxina. Da páxina 145, fixemos o 5 e o 6.
Matemáticas: Corriximos a ficha de deberes e teñen que copiar o esquema enlazado ao pinchar aquí.
Ciencias sociais: actividades da 33 á 38.
5º C:
Lingua galega: páxina 145, exercicios 5 e 7.
Matemáticas: páxina 117, exercico 13, páxina121, exercicio 8.