mércores, 26 de maio de 2021

MÉRCORES, 26 DE MAIO.

 

Bo día quintas e quintos. Hoxe teremos a chamada superlúa de flores. Recibe este nome porque é no mes de maio cando aparecen a maioría das flores no hemisferio norte, e trátase dunha superlúa xa que se poderá ver máis grande do normal. Incluso nalgúns países se poderá ver un eclipse de lúa, pero non será en España. Se vos coincide botar unha ollada ao ceo esta noite poderedes desfrutar dunha preciosa lúa (se o ceo está despexado), e se non podedes, mañá haberá un montón de imaxes en internet e no telexornal.

Tarefas do día:

5º A:

Lingua galega: páxina 174, lectura, e na 175 exercicio 2.

Matemáticas: páxina 128 exercicio 2, páxina 129 exercicios 1, 2 e 3, páxina 134 exercicio 6, páxina 135 exercicio 11. Exame o mércores 2.

5º B:

Lengua castellana: páxina 164, a descrición. Logo fixemos a descrición do profe.

Lingua galega: páxina 179, exercicio 6.

Matemáticas: páxina 128 exercicio 2, páxina 129 exercicios 2 e 3. Exame o xoves 3.

5º C:

Matemáticas: páxina 130, exercicios 2 e 3, páxina 131, exercicio7, páxina 134, exercicios 2, 4 e 6. Para practicar para o exame.

Lingua galega: páxina 178, exercicio 3, páxina 179, exercicio 7.

A ver cantos vedes a superlúa de flores!

  Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos a...