mércores, 18 de novembro de 2020

MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO

 

Ola Quintos de Reibón, hoxe empezamos a nosa andadura con este blog no que cada día poremos un resumen das tarefas realizadas en cada clase para que aqueles que por diversos motivos non poidades vir ao cole, si que poidades seguir facendo las tarefas e perdervos as menos cousas posibles.

No blog fundamentalmente faremos referencia aos distintos libros de texto poñendo a páxina e os exercicios que ese día fixéramos na clase. Tamén en ocasións pode ser que vos ponñamos o enlace a distintas fichas que ben poderedes imprimir ou directamente facer nos vosos cadernos.

O día que poñamos tarefa nova na AULA VIRTUAL, tamén vos informaremos por aquí.

Comezamos... imos a pola tarefa de hoxe:

5ºA

LINGUA GALEGA: lectura da páxina 42 e 43, comprensión lectora, o test da páxina 45 e de deberes o exercicio 6 desa páxina (45).

En MATEMÁTICAS hoxe fixemos o exame así que non hai tarefa. Se non fixestes as tarefas de repaso de AULA VIRTUAL MATEMÁTICAS 5º ainda estades a tempo de seguro que vos ven de marabilla.

5ºB

LENGUA CASTELLANA: ler páxina 43 do libro e despois facer os exercicios 9,10,11 e 12.

MATEMÁTICAS: repasar para o exame de mañá. Tema 2

5ºC

LENGUA CASTELLANA: ler páxina 42 e 43 do libro e despois facer os exercicios 5 e 8.

NATURAIS: páxina 25 e o exercicio 23.

Moito ánimo e non deixedes de estudar.

  Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos a...