Bo día quintos e quintas! Hoxe, 27 de maio, é o día do celiaco. Por se non o sabedes, os celiacos son aquelas persoas que son intolerantes ao glute, unha proteína presente nos cereais como o trigo. E como podedes imaxinar, o trigo emprégase en moitísimos produtos que consumimos diariamente, polo que os celiacos deben adquirir produtos específicos para eles.
As tarefas de hoxe:
5º A:
Lengua castellana: traballamos a descrición, e logo fixemos a descrición dun dos profes.
Lingua galega: páxina 178, exercicios 1 e 2.
5º B:
Lengua castellana: repasamos o tema para o control, e no texto da páxina 161, localizamos adverbios e dixemos de que tipo son.
Lingua galega: páxina 178, exercicios 3 e 4, páxina 179 exercicio 5.
Matemáticas: Páxinas 130 e 131, exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7. Páxina 132, exercicio 1.
5º C:
Tedes que estudar de lengua e lingua para os controis da semana que vén.
Mañá faremos unha saída polo bosque de ribeira, os grupos A e C, B irá o luns. recordade traer roupa e calzado cómodo, e unha mochila pequena con auga.