Ola a tod@s
Como supoño que sabedes, hoxe conmemórase o día en contra da violencia de xénero, algo sobre o que hoxe estivemos falando nas aulas de 5º e en todo o cole. Quédanvos un video para que poidades ver ao final desta publicación.
Xa vai quedando menos para vervos de novo nos vosos pupitres pero como sabedes dende hoxe ás 00h entramos en cerre perimetral, iso quere dicir que non podemos entrar nn saír de Moaña agás por causa xustificada... unha vez máis tócanos ser moi responsables e solidarios... pero sabedes que? vivimos nun pobo marabilloso osnde podemos desfrutar un montón descubrindo pequenos recunchos e disfrutando da natureza. Arriba ese ánimo!
Imos agora co traballo de hoxe:
5ºA
MATEMÁTICAS: facer as divisións pendentes da fichas de onte os que non as tiñan rematadas e unha nova ficha de problemas que vos poño aquí.
LINGUA GALEGA: páxina 47 exercicio 2 e 3
5ºB
MATEMÁTICAS: facer as divisións pendentes da fichas de onte os que non as tiñan rematadas e unha nova ficha de problemas que vos poño aquí.
LENGUA CASTELLANA: páxina 46, uso del punto. Exercicio 23
LINGUA GALEGA: páxina 47 exercicio 6
5ºC
MATEMÁTICAS: repasar
LENGUA CASTELLANA: lecturas das páxinas 38 e 39
LINGUA GALEGA: páxina 27 exercicios 35 e 36
NATURAIS: páxiina 45 exercicio 1
Ningún comentario:
Publicar un comentario