martes, 22 de xuño de 2021

 Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos amigos doutras clases, celebrando as festas do cole sempre separados, facendo unha saída só cos compañeir@s da nosa clase... 

Pero podemos facer outra lectura. Que ben o fixestes, que non houbo que pechar o cole! Algúns de vós tocouvos confinarvos, pero sen chegar a contaxiarvos. E en poucos días estabades de volta. Mentres, aprendestes a conectar cunha videoconferencia, a traballar en aulavirtual... E cantas cousas fixemos! Presentamos Caranvexornal, grabamos contos en audio, con croma, charlas no cole, concurso de relatos, as festas (magosto, fin de ano, a paz, entroido, fin de curso, a festa da primavera...) Pero se ata inventamos festas novas como a de fin de ano ou a da primavera! Vedes como tamén hai cousas positivas? Aquí só vos puxemos unhas poucas, agora tedes que botar unha ollada a este curso que rematou e pensar que cousas boas tivo. Seguro que atopades moitas. Porque todo na vida depende de como se mire. E se decidimos mirar de forma positiva, setirémonos moito mellor.

Agora toca descansar, que traballar, traballamos duro. Deixámosvos un enlace cunhas tarefas de repaso de matemáticas para que fagades no verán. Con calma, un pouquiño cada día. O obxectivo é que non esquezades o aprendido, e se en mate non tivestes moi bos resultados, axudaranvos a mellorar para empezar 6º con maior seguridade. Bo verán a tod@s!

Tarefas de repaso de matemáticas

luns, 21 de xuño de 2021

LUNS 21 DE XUÑO DE 2021



 Veña quintos e quintas, que solo queda un día!!

Hoxe comezou o verán atmosférico e menudo día de chuvia!!!

Como non hai tarefa solo queremos recordavos o que tendes que traer a festa mañán día 22 de xuño:

Lembrade que hai que vir vestidos de branco e cun sombreiro ou accesorio na cabeza. Ademais traede unha toalla para poder sentarnos no chan e olvidádevos da merenda!!!



venres, 18 de xuño de 2021

VENRES, 18 DE XUÑO

 Bo día quintos e quintas! Hoxe, 18 de xuño é o día mundial da Gastronomía Sostible, promulgado pola ONU no ano 2016. O obxectivo é crear conciencia para adquirir novos hábitos alimenticios que contribúan non só ao benestyar da poboación mundial, senón tamén á protección e preservación dos recursos que proveñen da terra, para vivir nun planeta máis sostible.

Tarefas do día:

5º A:
Lengua castellana: lectura da páxina 190, e da 191 exercicios 8 e 9.
Lingua galega: lectura das páxinas 198 e 199, e da 200 o test de comprensión lectora.

5º B:
Tedes que aprender a letra da canción para o martes.

5º C:
Lengua castellana: páxina 194, exercicio 21 e da 195, exdercicios 24, 25, 26 e 27.
Matemáticas: contas con números decimais (copiáronas na libreta).

Xa só nos quedan dous días, e o último será a festa fin de curso. Seguro que o pasamos moi ben!


xoves, 17 de xuño de 2021

XOVES 17 DE XUÑO.

 Bo día rapazada de 5º! O terceiro xoves do mes de xuño celébrase o día Mundial da Tapa, unha das tradicións máis populares de España, onde se estima que un 60% dos establecementos ofrecen unha tapa gratuita como acompañamento da bebida. A iniciativa provén da asociación Saborea España, que cada ano anima aos hosteleiros a participar neste evento para difundir a cultura da tapa, ben sexa con degustacións, concursos, presentación dunha tapa especial, etc.

Tarefas do día: 

5º A: 
Lengua castellana: ditado da páxina 179, e sobre ese texto localizar os verbos.
Lingua galega: páxina 195, exercicios 5, 6 e 9.

5º B:
Lengua castellana: lectura tema 11, páxinas 186, 187, e da 189 exercicios 1 e 2.
Lingua galega: páxina 195, exercicios 5, 6 e 9.
Matemáticas:  páxina 151, exercicios 1 e 2, páxina 152 exercicio 1 (as 3 primeiras) e 3. División de decimais entre decimais.

5º C:
Matemáticas: páxina 151, exercicios 1 e 2.

Mañá remata a semana, ánimo!

mércores, 16 de xuño de 2021

MÉRCORES, 16 DE XUÑO


Bo día quintos e quintas! Hoxe, 16 de xuño, é o día Internacional da Biotecnoloxía. Escolleuse este día xa que o 16 de xuño de 1980 a enxeneira xenética Ananda Mohan Chakrabarty desenvolveu unha bacteria do xénero Pseudomonas, capaz de descompoñer o pretróleo cru para o tratamento dos derrames de petróleo, favorecendo ao medio ambiente.

As tarefas do día: 

5º A:
Lingua galega: páxina 194, exercicios 1, 2 e 3.
Matemáticas: páxina 159, exercicios 2, 3, 4, 5, 6, 8, 9, 10, 11, 12 e 13.

5º B:
Matemáticas: páxina 150, exercicios 1 e 3.
Lengua castellana: Ditado da páxina 179, e localizar os verbos no mesmo.
Lingua galega: páxina 194, exercicios 1, 2 e 3.

5º C:
Lengua castellana: páxina 175, exercicios 10 e 12.
Matemáticas: páxina 150 exercicios 1 e 3
Lingua galega: páxina 200, test de comprensión.

Ide preparando a indumentaria para o día da festa!

 

martes, 15 de xuño de 2021

MARTES 15 DE XUÑO DE 2021

 

Bo día quintos e quintas! Hoxe, 15 de xuño é o día Global do Vento, que se celebra para destacar a importancia do vento na biodiversidade do planeta e a súa utilización na xeración de enerxía eólica, así como destacar os seus beneficios e impacto no mundo e no medio ambiente.

Tarefas do día:

5º A:

Matemáticas: fixemos esta ficha. sumas y restas decimales multiplicación decimales

Naturais: Actividades 15,16,17 19 e 20 das páxs. 97 e 98

5º B: 

Matemáticas: páxina 149, exercicios 2 e 3. Páxina 154, exercicio 9.

Lengua castellana: páxina 177, antónimos e sinónimos, exercicios 20, 21, 22 e 23. Páxina 178, uso da "h", exercicios 24, 25, 26 e 27.

Lingua galega: Lectura da páxina 190 e da 191 exercicios 1, 2, 3 e 4.

5º C:

Lingua galega: páxina 159, exercicio 9.

Pasade unha boa tarde!

luns, 14 de xuño de 2021

LUNS 14 DE XUÑO DE 2021


 Ola quintos e quintas, hoxe é o día mundial do donante de sangue, un acto voluntario, solidario e uqe salva moitas vidas.En canto teñades idade suficiente deberiades pensar en si estades dispostos vós tamén a colaborar.

Imos agora co traballo de hoxe:

5ºA 

LENGUA CASTELLANA: Uso de la H. Página 178, ejercicios 24,25 y 26. 

LINGUA GALEGA: lectura da páx. 190 e 191 facer os exercicios 1, 2 e 3.

CIENCIAS NATURAIS: lectura das páxinas 96 e 97.

5ºB

MATEMÁTICAS: correximos os exercicios das páxs 146, 147 e 155 3, 4, 5 e 14

LINGUA GALEGA: páx. 188, uso do punto e coma, páx 189 exercicio 2.

CIENCIAS NATURAIS: páxina 97, actividades15, 16, 17 e 19.

5ºC

LENGUA CASTELLANA:  Página 174, ejercicios8 y 9. 

MATEMÁTICAS: páx. 159 exercicios 2, 3,6 e 8.

  Ola quintos e quintas! Como cantamos hoxe no patio: "Xa rematou, xa rematou, este curso raro..." E tan raro, sen xuntarnos cos a...